se non podo danzar, non é esta a miña revolución

segunda-feira, 19 de março de 2007

escena #1/01 - comedia romántica aséptica hollywoodiana

como nun filme ianqui,

vestiríame de traxe que me quedaría enorme e non sabería combinar co calzado,
faría o pinzo un pouco ante ti nunha desgraciada sucesión de malas sortes

(correría diante dun can que me tenta trabar
porque primeiro me caeu a hamburguesa por riba do traxe enorme,
logo que me librara del metería a pataza nun estanque en central park
tentando limpar a graxa do descombinado traxe
e irrisorio esforzariame en convencerte de que non molesta unha perna enchoupada
e sentariamos nun banco e contariache sen nervos cincuenta anécdotas lindas da miña vida).

coa mestura de simpatía, mágoa e curiosidade que che criara
só tería que levarte ao cinema e alongar a noite en paseos por rúas baleiras de todo
e máis logo levariasme onde ti morares e teimarías en que quitase o malditomaldito traxe

e sería o final,
viviriamos felices
e papariamos hot dogs na paz do consumo


josep renau: por que é que está tan desacougada esta xente?

2 comentários:

Anônimo disse...

sei que dixen que non ía entrar
pero as oito e media (meia :D) en informática venceume a curiosidade
e encántame
moitomoitomoito
esta entrada paréceme un disco de mano negra e, non só por iso, gústame

com_ramona disse...

todas somos fillas do dólar audiovisualizado

mais a clave é ser as fillas rebeldes