se non podo danzar, non é esta a miña revolución

quinta-feira, 27 de setembro de 2007

impotencia

sobra mensaxe;

porén
, - falta grafar imaxes xeniais, acadar consecucións eufónicas, inzar de referencias culturais-políticas-persoais-científicas (para quen aínda acredite na necesidade de diferenciar tales campos)

. - falta identificación de receptor/a (identificación do "target" na linguaxe do infotainment)

. - falta adaptación á canle, e coñecemento(s) técnicos para facela dúctil e maleábel.

.
dende a incomunicación remoer:

...como diaños se escrebe un "cadrado negro"!?!?!?

quinta-feira, 13 de setembro de 2007

árbore xene(ideo)lóxica

"
- [...] Rosa Luxemburgo, baah!!
- oe, aos mortos nin tocarmos fiera!
- nin que fora da familia
- e logo? tataravoa política

"



na imaxe: militantes da Spartakusbund, combatendo en Berlín durante a revolución alemana de novembro

domingo, 26 de agosto de 2007

ANUNCIO

o conto é queixarse.

dous meses e algo sen postear [moi bonito e moderno o termo].

o caso é: mesmo recuperada a poesía diaria,
centrarse nas obrigas da academia do pre-semiocapitalismo:
estudar a historia do movemento NOMIC e adicar varias horas diarias á teoría fotocopiada;
evitar a compoñente frustrante de non pasear, non escoitar the clash, non exhibir un naris de pallaso;

o conto é queixarse, digo:
de atopar unha chaqueta de punto negro,
cunha chapa da radio kalimera chamando á okupación das ondas,
diríxirse aquí


[- para demais traumas, alegrías, logros sexuais ou críticas gastronómicas,
as correctas son as conversas nos bares.]


non vivimos de cables. non queremos.

quinta-feira, 26 de julho de 2007

memoria corporal

"o pior de todo é a memoria corporal que che vai quedando" dixo o gh.


e é iso,
.
.
.
memoria corporal:

xeonllo ferido / hematomas no toral

terça-feira, 12 de junho de 2007


- Ás veces penso: aínda que o repetise
un cento de veces
seguirías sen entender nada.
- Para iso falas, para que non te entenda?
- En realidade falo para que sigas aí.

María do Cebreiro, Os hemisferios
e meses padezo afonía crónica
- te viene todo derivado de una rinosinusitis, vas a tener que llevar un tratamiento con spray nasal; [...] probablemente te haga llorar después de la aplicación...
chorar un mes enteiro,
agora non queda esprai nasal,
a voz arranxada

para os monólogos no cuarto

sexta-feira, 8 de junho de 2007

desobediencia



ou

atalora,

divertirse/querer/berrar/crear

amolar no miolo mesmo do capitalismo cando ameaza fase potencialmente letal a nivel planetario, chinchar ben
e imos montando as pezas do proxecto de alternativa social en mancomún.

terça-feira, 8 de maio de 2007

nun muro, a esprai:
"vane te quiero"

as paredes calaram quando os desejos sejam livres!!

sexta-feira, 4 de maio de 2007

amar(rar)



"
[...]
es o mar, afógame
aquí no fondo estase ben
son un can, átame
hoxe teño ganas de roer
faime mal, inféctame
dáme máis, enférmame
ven bailar, es a miña toxic girl"

uh, uh, uuhhh!, the homens #2


quarta-feira, 2 de maio de 2007

construción de comunidade/nación tubérculo



[...]
- que vontade colectiva nin que pares de narices?? a nación existe ou non existe, emana practicamente da terra!
- tamén as patacas...
[...]

quarta-feira, 25 de abril de 2007

[confiando na ausencia de receptores
para o acto comunicativo suposto neste caderno electrónico]


herético
digo
posso escrever sobre abril,
a linha poética de rotina
(sonhosilusõesimaginação
gentepovomeninasvelhos
cravosvermelho
gristanques
fuzis calados)

. não apetece
, de abril fica hoje
democracia burguesa, "liberdade" de mercado

a gisberta espancada morta no fundo de um fosso
e pícaros explotados
- também por inditex como em tailândia -
em felgueiras

digo,
pouco a festejar

abril é r-evolução
ou nom é nada

terça-feira, 24 de abril de 2007

coidar(se)


máis caricias comunais ou é todo unha tristeza

sábado, 21 de abril de 2007

mediocridade


non bailar xa polas rúas con músicas só dentro da cabeza
ou asubiadas;
como mediocre tamén
sufrir pola claridade na expresión verbal da afectividade
no canto de pintar sentires
con xis de cores
na parede ou na pel;
son mediocre se non miro cinema alén de deliciosas coincidencias coa segunda canle pública do estado que me nega como galega
e limito a leitura ás pantallas pixeladas

. estúpido insistir nun modelo formativo inútil
á procura dun papeliño que acredite que en (n) exames realizados souben escreber as respostas agardadas e memorizadas
[á marxe da incompetencia para redactar unha nota de prensa,
a insatisfacción co futuro nos media empresariais,
a falla de asistencia necesaria para dicir que coñecín a factoría,
a negativa a finxir obxectividade/apoliticismo/asepsia cómplice co sistema para exercer
porque quixen comunicar e non ecoar ao(s) poder(es)]

mediocre escrebindo para min propia
que só podo entenderme
porque esquecín como se ispen as palabras
ou porque o pudor estrangula
e "todo el mundo" sabe que no capitalismo posfordista ou palabras ben tapadas/maquilladas/disfrazadas ou mellor estarmos en silenzo

. mediocres as sestas,
porque onte estiven nos bares
e hoxe estarei nos bares
e así bares bares bares
pezas gravadas mortas de éxito unha vez e outra
como as conversas tamén repetidas
[todo cultura de masas]

mediocre cando o chisco de imaxinación que queda
é aplicado
ao xantar ou a cea
a roupa do día seguinte
ou a como escribir isto
que fala de mediocridade

quarta-feira, 18 de abril de 2007

_ _ _ #000000000












[ou o silenzo como mecanismo de expresión dunha semana que non precisa actualización no binario. de relevancia: os ollos non miran sen decatarse do que aínda é posíbel perder, sen dar razóns]

quinta-feira, 12 de abril de 2007

olaa, que tal?

segunda-feira, 9 de abril de 2007

a única igrexa que ilumina













... é a que arde
[e pode que algunhas outras]

No entanto, nada máis que dicir após datas tan sinaladas para o sentir tradicional(ista) na "reserva espiritual de occidente"

[imaxe tirada dunha campaña das
mujeres públicas, na arxentina]

sábado, 7 de abril de 2007

conservarse

escabeche
aceite
sal
afumado


mala ostia

quarta-feira, 4 de abril de 2007

por despedida

só trabar forte con raiba
para notar a carne ceder
(excluíndo lesións severas e feridas sangantes)
e turrar da pel como quen fose alimentarse do arrincado

rabuñar,
ollarodiar

segunda-feira, 2 de abril de 2007



que luminoso e próximo poderiamos ollar o futuro
se dez, cen, un
milleiro de centros sociais florescesen pola superficie do país todo [...]









(por actualizar o discurso, 40 anos despois)

quarta-feira, 28 de março de 2007

disfuncións mental e dialectal na pedra nocturna

- ...
- blabla bla blablabla pola oficialidá bla bla bla puxa asturies!
- dixebrá!
- si, muy bien dixebrá, y también llan de cubel blablabla
- ????

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _


- buff, case te abraso!! [cun xaruto a medio apagar entre os dedos]
- bah, abraçame canto queiras que hai confianza. eu é que cría que lle tiñas repulsión ao contacto físico...

segunda-feira, 26 de março de 2007

a cultura xa á rúa

cando menos ás seis da mañá
se falta un estudo no que traballar
e quedo sen esculpir e días logo xa apareceron pedras máis xeitosas

sábado, 24 de março de 2007

"- hai beleza kandinski en cada gol de ronaldo.
- que o desexo é un iglú, mecagoendiós!!"

tanto tanto tanto frío que non deixa apañar
nada nada nada de enerxía calorífica externa

quinta-feira, 22 de março de 2007

















son os ollos,

sempre
[sempre relativo enténdase "dende que te coñecín un día de matrícula e atravesei a cidade contigo e o meu ciccerone na pedra e expresaches sen ambaxes as máis perversas desviacións eróticas e con todo non fixo máis que medrar a curiosidade e foi paseo de setembro de hai anos"]

...

seguen

imaxe: les larmes, de man ray

quarta-feira, 21 de março de 2007

odio ter gripe nas neuronas!

polo demáis, agradábel abondo ser activa
nos días da desidia social absoluta
e
poucas ganas,
porén,

de activarse no afectivo/vital;



"A vida do estudante non é a do cabaleiro andante, da realidade non se pode espertar.
Resaca ás catro da tarde, a xungla está noutra parte de onde agora sacas tempo para
pensar [...]"
Ataque Escampe - Verdadeiro muro de Berlín

segunda-feira, 19 de março de 2007

escena #2/01 - á procura de Ilya

podía ser unha comedia muda soviética
[para facer propaganda do servizo estatal de lotaría],
eu podía ser Natasha
e depois de pasar o filme a correr
ao tempo que disimuladamente probaba manobras de achegamento,
cando xa dis que non que non que non,
dar coa chave
nun alfinete
e o fortuíto picazo na xema dun dedo
e a consecuente pinga de sangue
e o non agardado bico no dedo

_ _ _ _ _
logo extraer "a+b=c"
e sustituír o elemento dactilar polo beizo

escena #1/01 - comedia romántica aséptica hollywoodiana

como nun filme ianqui,

vestiríame de traxe que me quedaría enorme e non sabería combinar co calzado,
faría o pinzo un pouco ante ti nunha desgraciada sucesión de malas sortes

(correría diante dun can que me tenta trabar
porque primeiro me caeu a hamburguesa por riba do traxe enorme,
logo que me librara del metería a pataza nun estanque en central park
tentando limpar a graxa do descombinado traxe
e irrisorio esforzariame en convencerte de que non molesta unha perna enchoupada
e sentariamos nun banco e contariache sen nervos cincuenta anécdotas lindas da miña vida).

coa mestura de simpatía, mágoa e curiosidade que che criara
só tería que levarte ao cinema e alongar a noite en paseos por rúas baleiras de todo
e máis logo levariasme onde ti morares e teimarías en que quitase o malditomaldito traxe

e sería o final,
viviriamos felices
e papariamos hot dogs na paz do consumo


josep renau: por que é que está tan desacougada esta xente?

sábado, 17 de março de 2007

é xa, de volta,
todo inter-dependencia colonial e democracia burguesa,
academia
e moita merda (en proporción inversa ao socialismo realmente procurado)

non é a receita, porén, nada molesta,

mesmo confortante un esgarro de realidade fea

e unha arenga reflexiva:.................AÍNDA ESTAR VIVA!

quinta-feira, 15 de março de 2007

"con la mano levantá al pasado le digo adiós/
y el futuro que vendrá dicen que pende de un hilo"

ou algo así seica cantan
as maos arriba,
e sen elementos para se protexer dos paos polo corpo todo
[tanto para a represión como para o (des)amor;
coa diferenza de que para a primeira,
a pesares do recurte de servizos públicos
(agora chamados "servicios de interés general económico")
propia do capitalismo serodio
mantemos intacto o direito a pataleo!!]

terça-feira, 13 de março de 2007

que é primavera, ostia!

e na primavera
mentres os paxariños cantan,
as nubes marchan,
e os parrulos copulan coas parrulas

non coñezo quen me amarre a unha cama para mordernos noitemañámeiodíatardeseránnoite

segunda-feira, 12 de março de 2007

Les Quatre Cents Coups
e os centos máis
contra a parede
repartidos por toda
toda
toda
toda

toda

toda a noite.

Era hipótese: "as estufas mal apagadas son obstáculo para durmir"
Após experimentación,
queda elevada á categoría de lei
e elemento basilar para afirmar que
as estufas, ou quecendo ben ou mellor non velas diante

domingo, 11 de março de 2007

mecanismo diplomático

[6:35 AM]

saída do tugurio de rotina·("pásao ben"+un par de empurróns nas costas)=MERDA