se non podo danzar, non é esta a miña revolución

domingo, 26 de agosto de 2007

ANUNCIO

o conto é queixarse.

dous meses e algo sen postear [moi bonito e moderno o termo].

o caso é: mesmo recuperada a poesía diaria,
centrarse nas obrigas da academia do pre-semiocapitalismo:
estudar a historia do movemento NOMIC e adicar varias horas diarias á teoría fotocopiada;
evitar a compoñente frustrante de non pasear, non escoitar the clash, non exhibir un naris de pallaso;

o conto é queixarse, digo:
de atopar unha chaqueta de punto negro,
cunha chapa da radio kalimera chamando á okupación das ondas,
diríxirse aquí


[- para demais traumas, alegrías, logros sexuais ou críticas gastronómicas,
as correctas son as conversas nos bares.]


non vivimos de cables. non queremos.

2 comentários:

oko disse...

non marches

(como saberei de ti entón, cando marche eu?)

com_ramona disse...

e total, impide marchar a volta á normalidade e a rutina:

- conversa metafísica e un borralleiro roto en cen cristais
- rir
- naris de pallaso
- seráns de mortas na quintana
- rir(mos)
- "viva a autonomía independentista!!"
-(so)rir(mos)
- ...

(dubido poder saber nada ao través da rede e o estilo encriptado;
amais, teño un compromiso adquirido de visitala, agardo un "ongi etorri" sorrinte e levo dossier de como vou morrendo)