se non podo danzar, non é esta a miña revolución

sábado, 21 de abril de 2007

mediocridade


non bailar xa polas rúas con músicas só dentro da cabeza
ou asubiadas;
como mediocre tamén
sufrir pola claridade na expresión verbal da afectividade
no canto de pintar sentires
con xis de cores
na parede ou na pel;
son mediocre se non miro cinema alén de deliciosas coincidencias coa segunda canle pública do estado que me nega como galega
e limito a leitura ás pantallas pixeladas

. estúpido insistir nun modelo formativo inútil
á procura dun papeliño que acredite que en (n) exames realizados souben escreber as respostas agardadas e memorizadas
[á marxe da incompetencia para redactar unha nota de prensa,
a insatisfacción co futuro nos media empresariais,
a falla de asistencia necesaria para dicir que coñecín a factoría,
a negativa a finxir obxectividade/apoliticismo/asepsia cómplice co sistema para exercer
porque quixen comunicar e non ecoar ao(s) poder(es)]

mediocre escrebindo para min propia
que só podo entenderme
porque esquecín como se ispen as palabras
ou porque o pudor estrangula
e "todo el mundo" sabe que no capitalismo posfordista ou palabras ben tapadas/maquilladas/disfrazadas ou mellor estarmos en silenzo

. mediocres as sestas,
porque onte estiven nos bares
e hoxe estarei nos bares
e así bares bares bares
pezas gravadas mortas de éxito unha vez e outra
como as conversas tamén repetidas
[todo cultura de masas]

mediocre cando o chisco de imaxinación que queda
é aplicado
ao xantar ou a cea
a roupa do día seguinte
ou a como escribir isto
que fala de mediocridade

Nenhum comentário: